Eu son

Alberto García Sánchez. Boiro 1973
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración.
Educador social habilitado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Posgrado en Educación Social e Animación Sociocultural.
Inicia a súa traxectoria en 1993 no eido da educación non formal dende entidades como Cruz Vermella Xuventude, Edra colectivo de tempo libre e diversas empresas de animación.
No 1999 é contratado polo Concello de Boiro como animador sociocultural para dinamizar o recén inaugurado Centro Social de Boiro, donde se crean servizos e programas específicos para mocidade e persoas maiores. Posteriormente como técnico de cultura desenvolve proxectos que conectan creatividade con desenvolvemento local e outros de desenvolvemento comunitario.
A partir de 2007 compatibiliza o traballo no Concello de Boiro con proxectos para Xunta de Galicia, plan Xacobeo, Culturgal (feira das industrias culturais galegas) ou Cidade da Cultura de Galicia.
No terceiro sector, participa activamente no movemento asociativo onde destaca a presidencia da asociación galega de profesionais da xestión cultural AGPXC, que defende o papel dos profesionais (non creadores) no sistema cultural galego. A visión deste técnico é a do xestor-mediador: a dun profesional que traballa co tecido social do entorno, cos colectivos, entidades e persoas interesadas que conforman o “ecosistema sociocultural” de cada territorio, xa que “en cultura os técnicos somo mediadores nun ecosistema complexo,  non somos o centro, como tampouco o son os artistas e creadores profesionais, aínda que seguen sendo axentes fundamentais. Nen sequera ocupa o centro hoxe a administración, que históricamente cumpleu un rol primordial , nen a industria cultural, considerada estratéxica fai non moito. Hoxe, a cidadanía é quen ocupa o centro no sistema cultural”.

abrir portas donde non as hai. mimadriña

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s